Búsqueda en nuestro Blog

viernes, 12 de abril de 2013

La próxima semana una trabajadora del ayuntamiento vendrá a darnos una charla al local de la asociación sobre un Banco de Tiempo que se pondrá en marcha en el ayntamiento. Se trata de una iniciativa que pretende utilizar como moneda el tiempo. En la página del ayuntamiento viene la siguiente información:

¿Que é un Banco de Tempo?

É unha ferramenta que lle facilita ás persoas a conciliación da súavida persoal, familiar e laboral. A súa finalidade é promover ointercambio de servizos entre as persoas usuarias empadroadas no
Concello do Barco. Preténdese fomentar a dinámica relacional e asrelacións veciñais nun contexto de mutua colaboración e respecto,facilitando a conciliación da vida laboral e familiar no Concello doBarco.

¿Cal é a unidade de intercambio?

A hora de servizo prestado.

¿Como funciona?

Inicialmente, a cada persoa que se anote no Banco do Tempo, daráselle un crédito de horas para que poida comezar a funcionar.

O intercambio de servizos consiste en acumular na conta corrente decada unha das persoas usuarias un número de horas a través daprestación de diferentes servizos ós outros/as usuarios/as do banco de
tempo.

Estas mesmas horas acumuladas poderán ser intercambiadas polo mesmonúmero de horas de calquera dos servizos que as outras persoas sociasdo banco do tempo oferten.

Poñamos un exemplo:

María sabe manexar o ordenador.

Pedro cociña moi ben.

Luis sabe conducir e dispón de coche.

María desexa facerlle unha comida especial á súa familia, polo quesolicita os servizos dunha persoa para que lle ensine a facer cordeiroasado. Avisa ó Banco do Tempo da súa necesidade, e este pona encontacto con Pedro. Unha vez que Pedro vai alí e lle ensina, Maríaentregaralle un talón onde acredita o tempo que estivo con ela (por
exemplo, dun valor dunha hora).

Despois, Pedro ten que acudir a unha cita médica no Hospital Comarcalpero non dispón de coche. Logo de avisar ó Banco do Tempo, este dálle a referencia de Luis, que lle presta este servizo. Ó finalizar Pedro
tenlle que entregar un talón a Luis onde se reflexe o tempo que empregou.

Luis quere facer unha carta de presentación para enviar o currículum a unha empresa, pero non sabe manexar o ordenador. María pode ensinarllea facelo, e a cambio desto recibirá en compensación o talón no que se
rexistre o tempo.

Importante:
 A persoa que reciba o servizo será a encargada de sufragar os gastos da actividade que recibe. Por exemplo, María debería pagar os ingredientes da comida a preparar e Pedro debería pagarlle a gasolinaa Luis.

¿Cales son as funcións do Concello do Barco de Valdeorras no Banco do Tempo?

O Concello do Barco difundirá as actividades do banco do tempo,tramitará as altas e baixas dos usuarios, informará sobre as posibles actividades a desenvolver (estando aberto a todas aquelas que sesuxiran), e porá en contacto a aquelas persoas que poidan intercambiar servizos. Ademais levará un rexistro de tódolosintercambios de servizos que se leven a cabo.


LA CHARLA SERÁ EL PRÓXIMO MIÉRCOLES 17 DE ABRIL EN NUESTRO LOCAL, 2ª
PLANTA EDIFICIO BIBLIOTECA PÚBLICA EN EL HORARIO DE SIEMPRE.